Inicio Carballo ao día Novas A brigada de xardíns recoloca os abetos...

A brigada de xardíns recoloca os abetos dos decorados de Nadal en distintos espazos públicos

Os seis exemplares de menor tamaño foron distribuídos por diferentes barrios, aos que iremos estendendo a decoración festiva

Venres 7 de febreiro do 2020

Os abetos grandes plantáronse no Parque Rego da Balsa

Os abetos grandes plantáronse no Parque Rego da Balsa

Despois de trasladar ao Parque do Rego da Balsa os enormes abetos que adornaron a rúa Barcelona durante as festas de Nadal, hoxe completouse tamén a recolocación das árbores de menor porte que formaron parte dos decorados instalados na zona urbana. A Brigada Municipal de Xardíns plantounas en espazos axardinados de distintos barrios co obxectivo de seguir estendendo, de cara aos anos vindeiros, a decoración de Nadal por toda a vila.

Un dos abetos pequenos está na Praza do Outeiro

Un dos abetos pequenos está na Praza do Outeiro

Os pequenos abetos forman parte xa dos parques do Chorís, A Milagrosa, O Anllóns, Praza do Outeiro (Xulgados), Alfredo Brañas e Campo da Matea (A Brea). A Brigada Municipal de Xardíns buscou os emprazamentos máis axeitados tendo en conta a envergadura que poden chegar a acadar estas árbores, aínda que a intención do Concello de Carballo é chegar a todos os barrios. Nestes momentos contamos xa con 10 novos abetos distribuídos pola parroquia de San Xoán Bautista.

Compartir: