Inicio Carballo ao día Avisos Aloumiños abre o prazo de...

Aloumiños abre o prazo de inscrición para o primeiro curso homologado de lingua de signos española

Sábado 15 de febreiro do 2020

A asociación Aloumiños iniciará o 2 de marzo o primeiro curso homologado de lingua de signos española, que será impartido pola FAXPG (Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia) ata o 17 de xuño. Haberá dúas sesións semanais de dúas horas de duración, ata completar as 60 das que consta esta acción formativa. As prazas don limitadas.

Prazo de inscrición: ata o 27 de febreiro
Prezo do curso: 270€ para socios/as, persoas desempregadas e estudantes, e 360€ para os demais interesados
Máis información: asociacionalouminhos@gmail.com ou teléfono 604028730

Descargas

Compartir: