Inicio Carballo ao día Novas Suspensión de actividades e peche de...

Suspensión de actividades e peche de edificios municipais pola crise sanitaria do coronavirus

Luns 16 de marzo do 2020

Como consecuencia da crise sanitaria creada polo COVID-19 e seguindo as recomendacións da Xunta de Galicia sobre a adopción de medidas preventivas que contribúan a frear a propagación do coronavirus entre a poboación, o Concello de Carballo vén de adoptar as seguintes decisións, que se manterán mentres a situación así o aconselle e que poderán ser ampliadas ou reducidas en función das directrices que establezan as autoridades sanitarias competentes

EDUCACIÓN

O Concello de Carballo suspende a partir do venres 13 de marzo todas as actividades educativas: Conservatorio Profesional de Música, Escola Oficial de Idiomas, Horto Infantil Ecolóxico Municipal.

FORMACIÓN

Os cursos de formación que se imparten no Fórum Carballo quedan suxeitos ás indicacións da Xunta de Galicia, agás a Escola Municipal de Hostalaría, que estará pechada a partir do venres 13.

DEPORTES

As actividades dirixidas organizadas polo Concello de Car ballo quedan suspendidas dende hoxe, xoves 12 de marzo. A partir do venres 13 todas as instalacións deportivas municipais permancecerán pechadas ao público.

SERVIZOS SOCIAIS E TERCEIRA IDADE

As actividades previstas para este mes dentro do programa do Día da Muller quedan suspendidas. Tampouco se celebrarán os bailes, nin ninguhna das actividades dirixidas a maiores. No caso do programa Concilia establécense os mesmos criterios fixados pola Xunta de Galicia para os centros educativos. Deste xeito, o venres 13 recoméndase ás familias que non o utilicen e a partir do luns 16 queda suspendido.

CULTURA

Todas as actividades culturais quedan suspendidas. O Pazo da Cultura, as bibliotecas, a ludoteca, o Museo de Bergantiños e os centros sociais das parroquias permanecerán pechados ao público a partir do venres 13.

PROMOCIÓN ECONÓMICA

Todos os eventos turísticos organizados pola Concellaría de Promoción Económica quedan tamén en suspenso: Festival Carballo Interplay, Carballo por Etapas, etc, así como a participación en feiras de turismo.

MEDIO AMBIENTE

Os programas de educación e sensibilización medioambiental quedan suspendidos, do mesmo xeito que a posta en marcha do programa “Ti tes a chave”.O Concello de Carballo solicita e agradece á veciñanza a máxima colaboración adoptando as medidas preventivas precisas.

Compartir: