Inicio Carballo ao día Avisos A partir do luns 11 de maio poderán...

A partir do luns 11 de maio poderán solicitarse os permisos para queimas vía telefónica ou online

Venres 8 de maio do 2020

A Xunta vén de levantar a suspensión da realización de queimas nos terreos rústicos, suxeitas á obtención de autorización previa ou a comunicación, segundo corresponda, a partir do vindeiro 11 de maio de 2020.

Para iniciar, a tramitación e en canto non estean abertas ao publico as oficinas dos distritos ou servizos de prevención de defensa de incendios, os interesados poderán utilizar dúas vías: ou ben chamando ao teléfono 012 ou a vía telemática desde o enderezo web: https://queimasweb.xunta.gal.

Respecto daquelas autorizacións xa notificadas e das comunicacións xa efectuadas que foron deixadas sen efecto, cómpre que os interesados soliciten nova autorización ou realicen nova comunicación de conformidade coa normativa aplicable.

Ligazóns

Compartir: