Inicio Carballo ao día Avisos Llega800 ofrece atención gratuíta...

Llega800 ofrece atención gratuíta á cidadanía afectada polo despregue da rede 4G

Venres 9 de outubro do 2020

As operadoras de telefonía móbil Telefónica, Vodafone e Orange ofrecen en Carballo servizos sobre a rede 4G na banda 800MHz, que permiten conexións móbiles de alta velocidade sobre tecnoloxía LTE (4G) cunha mellor cobertura no interior dos edificios e maior extensión xeográfica. Para garantir a compatibilidade da nova tecnoloxía coa Televisión Dixital Terrestre (TDT), os operadores puxeron en marcha Llega800, entidade encargada de solucionar calquera afectación na recepción do sinal de televisión.

Llega800 encargarase de atender aos usuarios afectados xestionando e resolvendo posibles afectacións sen custo algún. Para xestionar estes servizos puxéronse a disposición dos cidadáns o teléfono de atención gratuíto 900 833 999 e a o enderezo electrónico ayuda@llega800.es.

Compartir: