Inicio Carballo ao día Avisos Exposición do censo electoral para as...

Exposición do censo electoral para as Eleccións ao Parlamento de Galicia do 12 de xullo

Martes 26 de maio do 2020

Con motivo das eleccións ao Parlamento de Galicia que se celebrarán o 12 de xullo de 2020, pode consultarse o censo electoral. O prazo para consultas será dende o 25 de maio ata o 1 de xuño, período no que calquera persoa pode presentar unha reclamación administrativa sobre os seus datos censuais.

A consulta deberá ser realizada polo propio interesado, previa identificación, no 1º andar do Concello, Padrón de Habitantes, de luns a venres, en horario de 9:30 a 13:00, presentando documento de identidade e respectando as medidas de distanciamento social.

Tamén se pode consultar na Delegación Provincial do Censo Electoral e nos teléfonos 981 21 74 39, 981 21 74 26 e 901 101 900.

Ligazóns

Compartir: