Inicio Carballo ao día Novas As rúas afectadas polos desvíos de...

PREVISTO PARA O LUNS O PINTADO DA RÚA BARCELONA

As rúas afectadas polos desvíos de tráfico durante as obras da rúa Barcelona e a avenida das Flores serán reparadas

O Concello de Carballo xa contratou a mellora das rúas Nébedas, Lirios, Fiúnchos, Xestas e Buxos

Venres 5 de xuño do 2020

Avenida das Flores

Avenida das Flores

Tal como estaba previsto, unha vez que rematen as obras de acondicionamento do eixo viario Barcelona-Luis Calvo e da avenida das Flores, o Concello de Carballo procederá ao acondicionamento das rúas que se utilizaron como alternativa para o tráfico rodado durante a execución dos traballos e que, debido ao incremento da circulación, quedaron deterioradas. A empresa Excavaciones Pose vén de asinar o contrato para a execución das obras de mellora das rúas Nébedas, Lirios, Fiúnchos e Xestas, na zona da Cristina, e Buxos, na de San Cristovo.

Na rúa Barcelona realizouse esta semana o pulido do pavimento nun treito que quedara cun acabado defectuoso, e para este luns 8 de xuño está previsto o pintado das marcas viarias, polo que a rúa estará pechada ao tráfico rodado. Deste xeito darase por rematada a actuación, do mesmo xeito que na avenida das Flores están case listos os traballos de reurbanización e mellora da accesibilidade no treito correspondente á segunda fase do proxecto de mellora integral da estrada Carballo-Sísamo.

Rúa Campo da Feira

Rúa Campo da Feira

Outra actuación que toca á súa fin na rede viaria urbana é a da rúa Campo da Feira, que completa a reurbanización de toda a contorna do Fórum Carballo, e na que estes días centráronse nos labores de axardinamento e limpeza.

Nestes momentos tamén están en execución as obras de reforma integral da rúa Bos Aires, as de eliminación de barreiras arquitectónicas na Vázquez de Parga e na zona da Milagrosa e as de mellora da seguridade en 43 pasos de peóns, coas que seguimos estendendo a distintos barrios urbanos o proceso de mellora dos servizos urbanísticos, da mobilidade e da calidade urbana que están a marcar a transformación de Carballo nos últimos anos.

Compartir: