Inicio Carballo ao día Avisos O Mercado Municipal de Carballo recuperará...

O Mercado Municipal de Carballo recuperará a partir do luns 22 de xuño o seu horario habitual de mañá e tarde

Venres 19 de xuño do 2020

Dentro das accións encamiñadas a restablecer o funcionamento habitual dos servizos públicos, e sempre tendo en conta as medidas de protección contra o coronavirus, o Mercado Municipal de Carballo recuperará o seu horario habitual de mañá e tarde a partir do día 22, aínda que nesta primeira semana a volta á normalidade estará condicionada polos festivos dos días 24 e 25. Neste último, ao coincidir en xoves, a praza de abastos estará aberta pola mañá.

O horario do Mercado Municipal de Carballo a partir do luns será de 08:30 a 14:00, pola mañá, e de 17:00 a 20:00, pola tarde, de luns a venres. Os sábados e os domingos de feira estará aberto só pola mañá.

Dende a Concellaría de Feiras e Mercados manteranse as medidas de prevención contra a COVID-19 en canto a información, limpeza e desinfección, ao tempo que se prega á cidadanía que adopte as medidas pertinentes, sobre todo no que respecta á distancia de seguridade e á prohibición de tocar os alimentos.

Compartir: