Inicio Carballo ao día Avisos As empresas que tiveron a súa actividade...

As empresas que tiveron a súa actividade paralizada durante o estado de alarma poden adherirse ao programa de bonos ata o 20 de xullo

Martes 7 de xullo do 2020

O programa de bonos para a reactivación da economía ten aberto o prazo de inscrición para as empresas interesadas en participar. Só teñen que cumprir dous requisitos: que a súa actividade se vise afectada polo peche de establecementos decretado durante o estado de alarma e dispoñer de TPV.

O prazo de participación estará aberto ata o 20 de xullo, e as inscricións realizaranse a través do formulario ao que podes acceder premendo aquí. Calquera consulta ou dúbida relacionada co programa atenderase exclusivamente a través do correo electrónico promocioneconomica@carballo.gal.

A participación obriga ás empresas a colocar os materiais informativos da campaña nun lugar visible dos establecementos, a utilizar a imaxe oficial do programa en calquera publicidade ou promoción que realicen e a comunicar ao Concello de Carballo calquera incidencia ou mal uso dos bonos que poidan observar nas súas instalacións.

Unha vez remate o prazo de adhesión das empresas abriremos o de solicitude de bonos para todas as persoas maiores de 18 anos e empadroadas en Carballo. Para estudantes e desempregados/as serán gratuítos, polo que recibirán 30 euros; mentres que o resto da cidadanía poderá adquirir por 20 euros un bono por valor de 50, implicando deste xeito a toda a poboación activa na reactivación da economía local.

Ligazóns

Compartir: