Inicio Carballo ao día Avisos Aprobación definitiva da Ordenanza nº...

Aprobación definitiva da Ordenanza nº 10: prestacións patrimoniais de carácter público non tributarias do Ciclo Integral da Auga

Luns 10 de agosto do 2020

O Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria celebrada o día 23 de decembro do 2019, aprobou inicialmente a Ordenanza reguladora das prestacións patrimoniais de carácter público non tributarias do Ciclo Integral da Auga do Concello de Carballo.

Sometida ao preceptivo trámite de información pública previsto no artigo 49 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, mediante inserción do anuncio da súa aprobación inicial no Boletín Oficial da Provincia n.º 14, do 22 de xaneiro do 2020, durante o prazo do mesmo non se teñen presentado alegacións, tal e como consta en certificación ao efecto do Secretario Xeral da Corporación incorporada ao expediente.

Rematado o devandito prazo, e remitido o expediente á Comisión de Prezos de Galicia, en cumprimento do establecido no artigo 20.6 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aprobou o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, en data 31/07/2020 tense recibido a resolución de autorización das tarifas por parte da Directora Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, do 29/07/2020, á vista do informe favorable da Comisión de Prezos de Galicia do 28/07/2020.

Polo tanto, queda aprobado definitivamente o texto íntegro da Ordenanza, que pode consultarse no documento axunto e que substitúe ao anterior.

Descargas

Compartir: