Inicio Carballo ao día Avisos Admitidas todas as solicitudes debidamente...

Admitidas todas as solicitudes debidamente presentadas para acceder ao Programa Concilia no curso 2020-2021

Venres 4 de setembro do 2020

Todas as solicitudes para o Programa Concilia que foron debidamente presentadas están admitidas. No documento axunto figuran os/as alumnos/as excluídos/as por non achegar a documentación requirida.

A partires do 1 de outubro, sempre que a situación sanitaria o permita, a Concellaría de Igualdade e Benestar abrirá un novo prazo de solicitude, ata completar as prazas dispoñibles.

A únida modalidade de matrícula para este curso 2020-2021 é a de mes completo. Polo tanto, os recibos do servizo pasaranse ao cobro do 5 ao 10  de setembro e durante o resto do curso o abono realizaráse entre os días 1 ao 5 de cada mes mediante transferencia bancaria. Os gastos dos recibos devoltos correrán a cargo do/a solicitante.

Descargas

Compartir: