Inicio Carballo ao día Avisos Programado para o luns 9 de novembro un corte de...

Programado para o luns 9 de novembro un corte de tráfico na rúa Vila de Negreira á altura do Fondal

Venres 6 de novembro do 2020

A Concellaría de Mobilidade informa dun corte de tráfico programado para o luns 9 de novembro na rúa Vila de Negreira con motivo da conexión á rede eléctrica dunha vivenda en construción. A vía estará cortada á altura do Fondal, no cruce con Andrés Gaos, a partir das 07.30 horas. A Policía Local sinalizará o desvío do tráfico por Alfonso X O Sabio para os vehículos que proceden da zona urbana e pola estrada do cemiterio de Bértoa cara á igrexa para os que circulan dende Bértoa.

Desculpade as molestias.

Compartir: