Inicio Carballo ao día Avisos A Concellaría de Mocidade convida aos...

A Concellaría de Mocidade convida aos mozos e mozas de Carballo a unirse ao ClubUE

Mércores 9 de decembro do 2020

A Concellaría de Mocidade de Carballo fai un convite aos mozos e mozas do noso concello que teñan entre 18 e 30 anos a unirse ao ClubUE, un club exclusivo que nace desde Europe Direct A Coruña, dependente da Deputación Provincial, para unir á mocidade con interese por coñecer, aprender e participar das oportunidades que ofrece a Unión Europea.

Se estás interesado/a só tes que cubrir o formulario de inscrición e seguir a conta do club en Instagram. O 14 de decembro terá lugar a primeira actividade no marco do ClubUE para os primeiros inscritos: Obradoiro "O Novo Europass". Anímate!

Compartir: