Inicio Carballo ao día Avisos Recolle no Museo de Bergantiños o...

Recolle no Museo de Bergantiños o almanaque do 2021, con imaxes feitas durante o confinamento dende as ventás

Luns 11 de xaneiro do 2021

Portada do calendario

Portada do calendario

Este ano, o almanaque que elabora a Concellaría de Normalización Lingüística non podía ser alleo á situación vivida no 2020 pola COVID-19 e que aínda continúa no 2021. Por iso, está elaborado con imaxes e textos enviados por todas as veciñas e veciños durante o confinamento para a iniciativa "Carballo dende a túa ventá".

Unidade, forza, paz, morriña, arte... postas de sol, Razo, Baldaio, paisaxes urbanas... son só algúns dos e das protagonistas deste calendario -que ten formato de sobremesa- no que agradecemos as fotos enviadas por Sandra Veiga Messmer, María José Lista Puga, Mario Ferreiro Negreira, Mar Longueira, Eva Lista Andrade, Bárbara Vilariño, Raquel Rey, Lidia Esmorís, Paula Sóñora González, Alicia María Vilas, María Costa Pereira, Noelia Rodríguez e as imaxes de todas as persoas que compartiron nas nosas redes sociais un anaco da súa vida cotiá durante os meses de abril e maio.

Ademais de coas fotografías, o almanaque conta, como en cada edición, cunha sección de teléfonos de interese do Concello, onde están recollidos os números dos edificios municipais, de seguridade, atención e asistencia ou dos medios públicos de transporte, como os taxis e a estación de autobuses.

Calquera persoa pode recoller o calendario de forma gratuíta no Museo de Bergantiños no seu horario habitual: 

  • De martes a venres, de 11.00 a 14.00 e de 16.30 a 19.30 horas
  • Sábados e os domingos de feira, de 11.00 a 14.00 horas.
Os calendarios repartiranse ata fin de existencias.

Descargas

Compartir: