Inicio Carballo ao día Novas Xa pode consultarse o plan especial de...

Xa pode consultarse o plan especial de protección, infraestruturas e dotacións en Arnados-Razo

A Concellaría de Planificación comezou o envío das notificacións ás máis de 200 persoas afectadas, que disporán dun servizo de atención individual

Domingo 17 de xaneiro do 2021

Aínda que o período de información pública de dous meses non empezará a contar ata a publicación oficial no Diario Oficial de Galicia, as persoas que o desexen xa poden consultar o documento de aprobación inicial do plan especial de protección, infraestruturas e dotacións en Arnados-Razo. Dende a Concellaría de Planificación comezou o envío das notificacións individuais ás máis de 200 persoas afectadas, que a partir do martes 19 disporán dun servizo de atención individual, previa solicitude de cita no 981704100:

  • Martes, de 10.00 a 12.00 horas, na Oficina Técnica Municipal, co arquitecto municipal.
  • Luns e xoves, de 17.00 a 20.00 horas, no Fórum Carballo, co equipo redactor.
En todos os casos é imprescindible, ademais de pedir cita, achegar a notificación individual, na que figuran os datos da parcela afectada.

As persoas interesadas tamén poden descargar o documento na páxina web do Concello de Carballo, nesta ligazón: http://www.carballo.org/urbanismo/planeamentodesenvolvemento.php?idioma=gl#ancla

O obxectivo do Plan especial de protección, infraestruturas e dotacións en Arnados-Razo é a ordenación integral dunha superficie de 313.171 metros cadrados de solo rústico entre o núcleo de Razo da Costa e o monte Peados, aproximadamente. Dende o Concello de Carballo outorgamos especial importancia, ao longo de todo o proceso, á participación pública. Nese sentido abrimos o actual período de consultas previo ao período oficial de información pública de dous meses, que empezarán a contar a partir da publicación do documento no DOG e ao longo do cal poderán presentarse alegacións.

Compartir: