Inicio Carballo ao día Novas Comeza a exposición pública das...

Comeza a exposición pública das modificacións das ordenanzas de terrazas e lixo para negocios de hostalaría e turismo

Por segundo ano consecutivo, o sector non pagará pola ocupación de espazo público con cadeiras e mesas, e ademais verá reducida a taxa pola recollida de lixo mentres haxa restricións

Xoves 21 de xaneiro do 2021

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou o 21 de xaneiro os anuncios de aprobación inicial das modificacións de dúas ordenanzas que permitirán aliviar a situación dun sector económico tan afectado pola crise sanitaria coma é o da hostalaría.

Por unha banda, e por segundo ano consecutivo, suspéndese durante todo o ano a aplicación da ordenanza fiscal pola ocupación do espazo público con terrazas. Se algún/ha contribuínte tivese aboado xa as taxas correspondentes ao 2021, poderá solicitar a devolución.

A modificación da ordenanza estará exposta durante 30 días hábiles, que empezaron a contar o día 22, para que as persoas interesadas presenten as alegacións que estimen oportunas. O mesmo prazo rexe para a revisión da modificación da ordenanza que regula a taxa do lixo, neste caso non só para hostalaría, senón tamén para outro tipo de negocios turísticos, coma hospedaxes ou axencias de viaxes.

A bonificación ten carácter trimestral, e consistirá nun 12,5% da cota anual por cada trimestre no que se produzan limitacións de aforo ou de horario nos sectores afectados, e aplicarase de oficio, sen necesidade de que os establecementos incluídos nos epígrafes correspondentes (poden consultarse na documentación axunta).

Descargas

Compartir: