Inicio Carballo ao día Novas O oficial José Luis Caamaño...

O oficial José Luis Caamaño Domínguez incorpórase como funcionario de carreira ao corpo da Policía Local

Hoxe tomou posesión do seu cargo nun acto celebrado na Alcaldía

Luns 15 de marzo do 2021

Roberto Mosquera, Evencio Ferrero, José Luis Caamaño e Juan Seoane

Roberto Mosquera, Evencio Ferrero, José Luis Caamaño e Juan Seoane

A Policía Local de Carballo conta dende hoxe cun novo oficial. José Luis Caamaño Domínguez tomou posesión como funcionario de carreira tras superar o proceso selectivo que se desenvolveu polo sistema de concurso, e no que tamén resultou seleccionado Santiago Abellas González, que dispón dun mes de prazo dende a notificación para incorporarse ao posto ou renunciar.

O acto da toma de posesión celebrouse na Alcaldía coa presenza de Evencio Ferrero; do concelleiro de Seguridade, Juan Seoane, e do xefe da Policía Local, Roberto Mosquera.

O alcalde destacou o labor desenvolvido por José Luis Caamaño durante o tempo que traballou con anterioridade no Concello de Carballo en comisión de servizos e no que demostrou, en palabras de Evencio Ferrero, ser “un gran profesional”. Pola súa banda, o novo oficial, moi emocionado, cualificou como “un orgullo” poder formar parte do corpo da Policía Local de Carballo, no que agarda permanecer “por moitos anos”.

Compartir: