Inicio Carballo ao día Avisos Reaberto ao tráfico un dos carrís...

Reaberto ao tráfico un dos carrís de circulación da rúa Perú á espera do remate das obras

Luns 5 de abril do 2021

Na xornada de hoxe quedou de novo aberta ao tráfico, aínda que de forma parcial, a rúa Perú, á espera do remate das obras de reurbanización que se levaron a cabo nas últimas semanas. Os operarios non traballaron este luns por ser día de descanso no sector da construción, pero mañá martes volverán para os remates pendentes. O pintado da vía porá o punto final á actuación desenvolvida polo Concello de Carballo, cun orzamento próximo aos 200.000 euros.

Polo momento a circulación rodada só está permitida dende a rotonda do cruce coas rúas Ponte e Poñente en dirección á avenida Ponte da Pedra, pero cando a actuación estea completamente rematada a vía volverá a recuperar os dous carrís de circulación. 

Compartir: