Inicio Carballo ao día Avisos Solicita aquí a túa trampa e...

Solicita aquí a túa trampa e únete á loita contra a avespa velutina

Martes 20 de abril do 2021

Estamos nun momento clave para a loita contra a praga de avespa velutina, xa que cantas máis raíñas consigamos capturar agora menos niños aparecerán máis adiante, polo que dende o Servizo Municipal de Control de Pragas continuamos coa campaña de trampeo en colaboración coa veciñanza. As persoas interesadas en sumarse aínda está a tempo de facelo. Simplemente hai que cubrir o formulario que figura ao pé desta nova e dende o Concello entregaranse, de balde, a trampa e o líquido atraente.

Ligazóns

Compartir: