Inicio Carballo ao día Avisos Cortes de tráfico na zona do Chorís...

Cortes de tráfico na zona do Chorís a partir do xoves 22 para rematar as obras da rotonda da avenida de Bergantiños

Martes 20 de xullo do 2021

Dende o xoves 22 ata o martes 27 están previstos cortes de tráfico na zona do Chorís con motivo das obras na rotonda da avenida de Bergantiños, que, despois de ter detectado defectos na súa execución, será modificada para adaptala ao proxecto. 

Os cortes de tráfico afectarán ás rúas Vila de Corcubión e Doutor Fleming, nos treitos comprendidos entre a Gran Vía e a propia rotonda, e á avenida de Bergantiños. Aínda que se habilitará un carril de circulación nos dous sentidos que estará regulado mediante semáforos, nalgúns momentos puntuais o peche das rúas pode ser total, polo que dende a Concellaría de Mobilidade e Seguridade pedimos desculpas de antemán polas molestias que se poidan ocasionar.

O acceso para as persoas residentes estará garantido durante toda a execución da obra, que tamén inclúe a reposición nos treitos de vía da contorna da rotonda afectados pola instalación de servizos soterrados.

Compartir: