Inicio Carballo ao día Avisos Previsto para o 3 de agosto un corte de luz que...

Previsto para o 3 de agosto un corte de luz que afectará á avenida do Ambulatorio, a Praza de Vigo e á rúa Vázquez de Parga

Mércores 28 de xullo do 2021

Entre os días 29 de xullo e 13 de agosto está previsto, por parte da empresa responsable do subministro eléctrico, realizar traballos de mantemento no centro de transformación situado xunto ao número 115 da rúa Vázquez de Parga. Dentro desta actuación inclúese, para o día 3 de agosto, a instalación dun grupo no centro de transformación, o cal obrigará a realizar un corte de luz para a coñexión e outro ao remate dos traballo. O primeiro está programado para as 08:00 horas, cunha duración aproximada de 20 minutos, e o segundo, coa mesma duración, comezará entre as 14:00 e as 15:00 horas.

Os cortes afectarán á avenida do Ambulatorio (números 4, 7, 11 e 13), á praza de Vigo e á rúa Vázquez de Parga (do 115 ao 171 pola marxe esquerda e do 122 o 146 pola dereita).

Desculpade as molestias.

Compartir: