Inicio Carballo ao día Avisos Naturgy anuncia un corte de subministro para a...

Naturgy anuncia un corte de subministro para a madrugada do 16 de setembro por obras de mellora na rede

Mércores 14 de setembro do 2022

Naturgy anuncia que na noite do 15 ao 16 de setembro, como consecuencia dos traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica que se van levar a cabo, poderán producirse interrupcións na subministración de electricidade entre as 01.00 e 06.00 horas, que afectarían aos seguintes edificios: Avenida do Ambulatorio, números 38 e 39; rúa Gran Vía, números pares do 210 ao 220; Vázquez de Parga, número 198, e Avenida de Bértoa, número 4, en Mirón.

As persoas afectadas poden poñerse en contacto coa compañía no teléfono 900 333 999.

Compartir: