Inicio Carballo ao día Avisos Corte de tráfico na rúa Lugo a...

Corte de tráfico na rúa Lugo a partir do luns 17 de outubro para acometer as obras de reurbanización

Venres 14 de outubro do 2022

A rúa Lugo estará pechada ao tráfico a partir do luns para poder acometer as obras de reurbanización, que foron adxudicadas á empresa Excavaciones y Obras Candal por 47.446,81 euros. O proxecto, que forma parte do plan director dos Baños Vellos, inclúe a renovación ou instalación dos servizos urbanísticos e a pavimentación da vía.

Debido ao peche da rúa Lugo, o acceso ao aparcamento do Casino deberá realizarse pola rúa Ponte. 

Desculpade as molestias.

Compartir: