Participación veciñal

Participación veciñal

[Casa do Concello]
Praza do Concello, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 700     
Fax: 981 702 858
secretarioalcaldia@carballo.gal

Xogos, obradoiros, merenda e música na Praza dos Aloumiños

Sábado 20 de xullo do 2019 18.30 horas - Praza do Concello

A Praza do Concello vaise transformar o sábado 20 na Praza dos Aloumiños. A Asociación Aloumiños convida á cidadanía a acudir a unha xornada que terá como protagonistas a participación e a inclusión. O obxectivo da entidade é "sacar á rúa todo o noso labor, ofrecer aos asociados e á veciñanza unha tarde de diversión, música, xogos e formación. Facelo precisamente na rúa conleva achegarse aos veciños, compartillar entre todos e todas as diferentes propostas que sacamos ao parque, á praza do concello, lugares comuns onde a integración debe ser sempre unha realidade", explican.

A Praza dos Aloumiños comezará ás 18.30 horas con xogos, obradoiros, merenda, agasallos e moitas outras actividades para nenas e nenos. E ás 20.30 horas continuará a celebración coa música de Paco Nogueiras.

Compartir: