Participación veciñal

Participación veciñal

[Casa do Concello]
Praza do Concello, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 700     
Fax: 981 702 858
secretarioalcaldia@carballo.gal

Agosto despídese coa XVII Festa do Pichorro de Cances

Sábado 31 de agosto do 2019 20:00 horas - Escolas unitarias Cances

Este ano despedimos o mes de agosto cun dos eventos gastronómicos máis célebres do noso municipio: a Festa do Pichorro de Cances, que vai xa pola súa 17ª edición. E ademais de saborear un dos produtos máis típicos da nosa horta, poderás desfrutar dunhas actuacións musicais de altura coa agrupación tradicional Foliada Galega, o grupo de percusión e danza Perfusion e o dúo Libertad, que amenizarán a velada para que non falte animación e diversión nunha xornada con moito sabor. E se queres poñer a proba a túa destreza, vai ben preparado/a porque tamén se celebrará o VIII Campionato de debullo con mango de fouciño. Moita sorte e bo proveito!

Organiza: AC San Campio de Cances
Colabora: Concello de Carballo

Compartir: