Participación veciñal

Participación veciñal

[Casa do Concello]
Praza do Concello, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 700     
Fax: 981 702 858
secretarioalcaldia@carballo.gal

Xosé Regueira foi convidado ao Consello Parroquial de Sísamo como deputado provincial para falar sobre a obra da travesía

Tras as xuntanzas celebradas tamén en Cances e Lema, esta semana será a quenda de Artes e Rus

Luns 24 de setembro do 2018

Xosé Regueira respondeu ás preguntas da veciñanza

Xosé Regueira respondeu ás preguntas da veciñanza

O proxecto da travesía foi o tema central do Consello Parroquial de Sísamo, celebrado o xoves 20. A petición da veciñanza asistiu á xuntanza o concelleiro Xosé Regueira, neste caso en calidade de membro do goberno da Deputación Provincial da Coruña, institución titular da vía e responsable das obras que se están a levar a cabo. Xosé Regueira explicou que o proxecto da segunda fase, desde o remate da primeira ata o cruce coa rúa Nacente, está aprobado e pendente de licitación, e manifestou o “compromiso” de incluír unha nova partida nos orzamentos do ano 2019. A este respecto, a veciñanza pediu que se intentasen acometer xuntas as fases terceira e cuarta.

Ademais da travesía, no Consello Parroquial de Sísamo abordáronse outros temas tamén coñecidos, coma as opcións para a ampliación do local social ou a continuación do plan de sinalización viaria centrándose agora nos recursos turísticos.

Xuntanza do Consello Parroquial de Cances

Xuntanza do Consello Parroquial de Cances

Os consellos parroquiais retomáronse este mes despois do verán coas xuntanzas celebradas tamén en Bértoa e Cances. Nesta última parroquia falouse sobre todo e melloras viarias, e unha das principais demandas afecta tamén á estrada provincial, na que a veciñanza reclama o acondicionamento dunha franxa peonil nunha das beiras.

Xuntanza do Consello Parroquial de Lema

Xuntanza do Consello Parroquial de Lema

En Lema, onde o consello se reuniu o venres pasado, analizouse punto por punto o dossier coas necesidades presentadas polos veciños e veciñas. Así mesmo, o alcalde deu conta do estado das principais demandas recollidas nos anteriores consellos: a estrada da Vixía, a pavimentación con cemento no Castrillón e a construción do local social. Todas elas están en marcha, con certo retraso polas dificultades que supón a aplicación da nova lei de contratos, pero todas estarán rematadas o ano que vén, sinalou Evencio Ferrero.

Os consellos parroquiais continúan esta semana en Artes, o xoves 27, e Rus, o venres 28.

Compartir: