Participación veciñal

Participación veciñal

[Casa do Concello]
Praza do Concello, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 700     
Fax: 981 702 858
secretarioalcaldia@carballo.gal

Os consellos parroquiais de Cances e Sísamo fan balance do traballo desenvolvido e reiteran as súas prioridades

Para a próxima semana están previstas xuntanzas en Artes e Lema

Venres 8 de febreiro do 2019

Consello Parroquial de Cances

Consello Parroquial de Cances

Esta semana reuníronse os consellos parroquiais de Cances e Sísamo, e nos dous fíxose balance do traballo desenvolvido ata agora e volveron a quedar claras as prioridades da veciñanza.

No primeiro caso deuse conta por parte do alcalde das xestións realizadas por parte do Concello para dar resposta ás peticións veciñais. Así, Evencio Ferrero comentou que o aglomerado da parcela do centro social debería estar feito antes do verán, que xa están encargadas a sinalización do Monte Neme ou a rede do campo de fútbol, ao igual que o material solicitado para o centro social, entre outras pequenas actuacións.

A mellora da rede viaria, que é unha das peticións reiteradas nesta parroquia, tamén está encamiñada. Nesta xuntanza, de feito, a única petición nova foi o arranxo dunha nova pista.

Consello Parroquial de Sísamo

Consello Parroquial de Sísamo

En Sísamo, unha vez máis, a xuntanza do consello parroquial comezou coa información relativa á travesía. O alcalde agradeceu a colaboración da asociación de veciños, que permitiu conseguir xa a práctica totalidade das cesións para poder ampliar a estrada. Agora, dixo, hai que elaborar o proxecto axeitado á dispoñibilidade do terreo e xa está prevista unha xuntanza co presidente da Deputación e os deputados de Vías e Plans para que se acometa a última parte da obra conxuntamente e se lle dea prioridade.

A cobertura de telefonía móbil e as opcións de reforma ou ampliación do centro social, ou mesmo de construción dun novo edificio, tamén ocuparon boa parte da reunión, na que se abordaron moitas e moi diferentes cuestións. Ademais, informouse de que se está redactando o proxecto para a pavimentación con cemento do núcleo do Vilar, que o abastecemento e saneamento de Outeiro e Figueiroa está en contratación e que se realizou xa a plantación de árbores solicitada pola veciñanza.

A próxima semana reuniranse os consellos parroquiais de Artes e Lema.

Compartir: