Promoción Económica

Promoción Económica

Información sobre a COVID-19 para traballadores, autónomos e empresas

A raíz da crise sanitaria provocada pola COVID-19, o Concello de Carballo ofrece un servizo de asesoramento personalizado para traballadores/as, autónomos/as e empresas que funcionará a través do portal covid19.carballo.gal.

Nesta nova páxina web concéntrase toda a información sobre a COVID-19, fundamentalmente de interese laboral e empresarial, pero tamén de ámbito social e institucional. O obxectivo é concentrar nun único espazo todas as medidas e os recursos que están a disposición da cidadanía nesta crise sanitaria, polo que os distintos apartados estarán en actualización constante.

Dado que os sectores produtivos son os principais destinatarios deste novo servizo, na portada da páxina destaca un formulario que porá a traballadores/as, autónomos/as e empresarios/as en contacto con persoal técnico especializado que resolverá as súas dúbidas sobre cuestións profesionais. Paralelamente habilítase o enderezo electrónico reactivacarballo@carballo.gal e inclúese unha ligazón directa coa sede electrónica do Concello de Carballo para facilitar as tramitacións.

Oficina de Promoción Económica (OPE)

Co obxectivo de organizar actividades destinadas a dinamizar o tecido produtivo do municipio e os seus distintos sectores de actividade, o Concello de Carballo conta cunha Oficina de Promoción Económica (OPE). A OPE desenvolve un labor de asesoramento e apoio ao mundo empresarial dirixido á creación e execución de programas que favorezan a integración, motivación e formación das persoas emprendedoras, con especial atención á hostalería, o comercio e a industria, así como ás pemes. Ao longo do ano organiza xornadas, charlas, concursos ou accións formativas que teñen como obxectivo facilitar a creación de novos proxectos empresariais, mellorar a competitividade das empresas e negocios xa existentes e favorecer a innovación do sector.

Museo de Bergantiños
Rúa Martín Herrera, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 709 012
Email: promocioneconomica@carballo.gal

Compartir: