Inicio Áreas Cultura San Xoán 2016 Novas Carlos Baute estará nas festas...

SERÁ O CONCERTO DO 24 DE MAIO NA PRAZA DO CONCELLO

Carlos Baute estará nas festas de San Xoán para presentar "Perdamos el control" o seu último grande éxito

Venres 6 de maio do 2016

Carlos Baute

Carlos Baute

Perdimos el control, o último gran éxito de Carlos Baute, soará o 24 de xuño na Praza do Concello de Carballo. O cantante, compositor, actor e presentador venezolano será a gran estrela das festas de San Xoán, que se celebrarán do 22 ao 26 do mes que vén. Desvelamos, polo tanto, un dos principais ingredientes dunhas celebracións que prometen dar moito espectáculo, e das que nas vindeiras semanas iranse coñecendo máis detalles.

Podedes saber máis do artista cada mércores na súa canle de Youtube chamada El mundo de Baute

Con preto de 2,5 millóns de seguidores en Twitter e outros tantos en Facebook, en setembro do 2015 Carlos Baute lanzou a canle de YouTube “El mundo de Baute”, no que se amosa moi próximo. Cada mércores podedes ver un novo vídeo no que comenta temas variados e cotiáns, e ademais faino con moito humor. Ademais, recollerá o 14 de maio en Marbella o Premio Latino de Oro ao mellor cantante, aínda que ao longo da súa dilatada carreira profesional ten sido merecedor de numerosos galardóns, entre eles dous Ondas ou tres premios Dial, ademais de  certificacións en discos de ouro e platino.

No concertó cantará todos os seus grandes éxitos

Perdimos el control, producido xunto a Juanma Leal e Luis Bustamante, é o último gran éxito do cantante venezolano, que xunto a este novo single, en outubro do ano pasado publicou o vídeo gravado xunto á súa muller, a arquitecta, actriz e modelo Astrid Klisans. En menos de tres meses superou os cinco millóns de visitas. Por certo que este tema, que quen máis e quen menos tarareou nos últimos meses, está incluído na banda sonora da telenovela chilena Pobre gallo. Pero quen non ten cantado e bailado temas como Quién te quiere como yo, Amarte bien ou Colgado en tus manos, no que fixo dúo con Marta Sánchez.

Xa nos tarda velo en directo. A vós non?

Ligazóns

Compartir: