Carballo foi dende tempos inmemoriais
punto de encontro para os viaxeiros que dende a Costa de Morte se dirixían ata A Coruña e Compostela. Polo municipio transcorreu a vía romana Per Loca Marítima, que comunicaba A Coruña con Fisterra. Xa a comezos do século XX parte deste traxecto era cuberta por unha das liñas de trolebuses máis longas de Europa.
Por estrada
Hoxe en día destacan as excelentes comunicacións da zona. A
autoestrada AP-55, Carballo - A Coruña, sitúanos a pouco máis de 20 minutos da capital de provincia. A estrada comarcal C-552 enlaza Fisterra coa Coruña, mentres que a provincial CP-1914 une o municipio con Santiago de Compostela.
As estradas LC-412 e LC-413 constitúen os principais accesos dende a comarca de Ordes. Carballo dispón ademais dunha ampla rede viaria municipal, que comunica as parroquias do Concello.
Para quen prefira o
transporte público, existen rotas regulares de autobús entre Carballo, a Coruña e Santiago de Compostela.
Distancias quilométricas
| A Coruña - Carballo | 34,7 km. |
| Santiago de Compostela - Carballo | 46,6 km. |
| Pontevedra - Carballo | 107,7 km. |
| Lugo - Carballo | 128,1 km. |
| Ourense - Carballo | 149,4 km. |
Se o desexas podes calcular outras distancias quilométricas e consultar rotas alternativas na
Guía Interactiva Repsol.
En avión
A mellor opción para visitar Carballo dende fóra de Galicia pasa por chegar primeiro ata A Coruña -aeroporto de Alvedro- ou Santiago -aeroporto de Lavacolla-, para achegarse despois ata o municipio por autoestrada ou estrada.
En tren
Carballo non conta con camiño de ferro. De feito, as liñas de tren que quedan máis próximas son as de FEVE -percorre o norte galego con cabo en Ferrol- e a de RENFE que forma o eixo A Coruña-Santiago-Vigo. Desta maneira, o único xeito de achegarse a Carballo en ferrocarril é elixir as conexións que nos deixen en Santiago ou A Coruña e a partir de aí tomar algunha das múltiples liñas de autobús que unen estas cidades coa comarca de Bergantiños varias veces no día.
Ligazóns relacionadas