Inicio Carballo ao día Axenda Exposición do 18º Premio de...

Exposición do 18º Premio de Creación Fotográfica Luis Ksado

Do mércores 26 de febreiro ata o martes 18 de marzo do 2025 De 17.00 a 21.00 horas - 3º andar do Pazo da Cultura Cultura

18º Premio de Creación Fotográfica Luis Ksado

O Pazo da Cultura acolle a partir do mércores 26 de febreiro unha mostra das obras premiadas na 18º edición deste galardón organizado pola Deputación da Coruña e que constitúe todo un referente no eido da imaxe. Este ano a serie “Alén” de Vicente Fraga, foi a gañadora do certame. Nela coñecemos a Galicia rural máis esquecida, en proceso de desaparición. Paisaxes suxestivos, interiores marcados polo paso do tempo, retratos onde ollamos a memoria. Imaxes realizadas dende un punto de vista formal moi sobrio: documentalismo lírico da Galicia que se nos vai.

Está previsto que o mércores 5 de marzo o fotógrafo e membro da Real Academia de Belas Artes, Xurxo Lobato, que é ademais comisario da exposición, ofreza unha visita guiada. Será a partir das 19.30 horas no propio espazo da mostra, a sala de exposicións Alberto Gende do 3º andar do Pazo da Cultura. Ademais, quen queiran visitar a exposición noutro momento, poden facelo de luns a sábado de 17.00 a 21.00 horas até o 18 de marzo.

Compartir:


- 2025 +
- Febreiro +
L
M
M
X
V
S
D