Falamos de acoso na Escola de familias pola educación en igualdade
Luns 7 de outubro do 2024 17.30 horas - Escolas do Xardín Agra de Caldas
A escola de familias pola educación en igualdade que puxemos en marcha a principios de ano comeza o curso para seguir traballando coas nais e os pais dos nenos/as e adolescentes do noso concello na creación dunha sociedade máis igualitaria, pero tamén máis informada e consciente dos problemas aos que se enfrontan os/as fillos/as nas distintas etapas da vida.
Nesta actividade, prevista para outubro, abordarase o papel que xogan as familias na prevención, detección e intervención contra o acoso escolar. Explicaranse diferentes conceptos relacionados co bulling e os indicadores aos que se debe de prestar atención para detectar o acoso, ou como actuar cando se detecta.