Benestar

Benestar

Departamento de Servizos Sociais
[Antigo Ambulatorio] 
Praza do Médico Eduardo Mariño, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 706

Ver localización

Escola Infantil A Braña

  • Rúa Xoana de Vega, nº 2. 15100 - Carballo
  • Email
  • T.  981 755 912 / 605 714 526

Escola Infantil A Braña

En marzo de 2012 inaugurouse en Carballo a Escola Infantil Municipal A Braña. Acolle a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 0 e 3 anos. A Escola Infantil As Landras  ten un límite de 103 prazas por curso académico e está atendida por 15 persoas entre persoal docente, educadores e persoal de servizos.

As tarifas  polos servizos da Escola Infantil A Braña están establecidas pola Xunta de Galicia. Determínanse atendendo ao nivel de ingresos das familias solicitantes, así como a outros aspectos como se se trata de familia numerosa, parto múltiple ou se o solicitante conta con irmáns ou irmás no centro. Para consultas acerca dos prazos de matriculación, os interesados e interesadas poden informarse na propia Escola Infantil.

Instalacións:

  • 3 aulas de 2 a 3 anos (con 60 prazas)
  • 2aulas de 1 a 2 anos (con 28 prazas)
  • 2 aulas de 0 a 1 anos (con 15 prazas)
  • Zona de recreo exterior
  • Patio interior
  • Sala de profesores
  • Tres almacéns
  • Oficinas
  • Comedor

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar



Galería

Compartir: