Benestar

Benestar

Departamento de Servizos Sociais
[Antigo Ambulatorio] 
Praza do Médico Eduardo Mariño, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 706

Autobuses para a campaña de detección precoz do cancro de mama

Luns 17 de xuño do 2024

A Consellería de Sanidade informa de que, dentro do Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama, en breve comezará a exploración das mulleres do noso concello. Nesta nova campaña, a citación, así como a comunicación de resultados, farase por sms. No caso de que alguna muller precise cambiar a súa cita poderá facelo a través da aplicación SERGAS móbil. 

Para os desprazamentos ofrécese un servizo gratuíto de autobuses. O itinerario coas paradas,  horarios e as datas das exploracións poderán consultarse na páxina web da Consellería de Sanidade, na ligazón que se indica máis abaixo.

PARADAS PREVISTAS EN CARBALLO

  • Capela da Milagrosa: 08.00 e 11.15 horas
  • Diante da estación de autobuses: 08.05 e 11.20 horas
  • Rúa Perú (parada do Rego da Balsa): 08.07 e 11.22 horas
  • Vázquez de Parga (parada de autobús): 08.10 e 11.25 horas
  • Igrexa de Bértoa: 08.15 e 11.30 horas

Ligazóns

Compartir: