Sábado de literatura francófona: club de lectura en francés
Sábado 30 de abril do 2016 Biblioteca Rego da Balsa - 11.00h
O francés invade a Biblioteca Rego da Balsa cos Sábados de literatura francófona que organiza o Comité de Irmanamento con L'Isle Jourdain. Dirixido a público adulto, pretende ser un club de lectura en lingua francesa no que gozar dos libros neste idioma.
Os interesados e interesadas en obter máis información, poden dirixirse á Biblioteca, de luns a venres de 10.30 a 13.30 e de 16.30 a 20.30 horas e os sábados de 10.00 a 13.00 horas na rúa Bos Aires s/n.
Tamén a través do enderezo electrónico <biblioteca@carballo.gal> ou no 981 758 580.