Elefante Elegante presenta o espectáculo infantil "Danza da Choiva"
Domingo 18 de marzo do 2018 18.00 h - Pazo da Cultura
Que acontecería se de súpeto deixase de chover? Non durante un mes ou un ano, senón para sempre?
Dúas personaxes, que cultivan verduras e cereais, decátanse que non lles queda auga para regar. O tempo pasa e segue sen chover. O lugar está agora seco e deserto. Bailan unha danza da choiva.
Espectáculo cómico e sen palabras onde conviven o teatro xestual, a danza, a manipulación de obxectos e os monicreques, cunha posta en escena moi visual e poética.
Elefante Elegante regresa ao escenario carballés para presentarnos o espectáculo co que acadaron o Premio María Casares 2017 ao Mellor Espectáculo Infantil.
Intérpretes: María Torres e Gonçalo Guerreiro / Deseño de iluminación: Dani Pais / Vestiario: Marcia Edleditsch / Deseño de son e música: Mano Panforreteiro/ Coreografías: Ánxela Blanco / Autoría, dramaturxia, escenografía e dirección: María Torres e Gonçalo Guerreiro.
Duración: 50min
Público: a partir de 3 anos
Entrada: 3€/2,5€
Rede Galega de Auditorios e Teatros