Teresa Moure inaugura o Ciclo de Presentacións Literarias con "Un elefante no armario"
Xoves 19 de abril do 2018 19:30 horas - Biblioteca
Esta semana inaugúrase o Ciclo de Presentacións Literarias que o Concello de Carballo vai levar a cabo con motivo da conmemoración do Día do Libro. O primeiro encontro terá como protagonista á escritora Teresa Moure e o seu último traballo "Un elefante no armario", un romance sobre a verdade no que se mestura ficción e realidade.
O acto será de balde e aberto á participación do público en xeral.