Estudantes de 5º de primaria do CEIP Fogar protagonizan unha "Revolución en verso"
Mércores 25 de abril do 2018 Ás 18:00 horas - Pazo da Cultura
Na XIII Semana do Libro e da Lectura, que organiza a Concellería de Cultura do 23 ao 27 de abril, os nenos e nenas son, ademais de espectores, protagonistas das tardes de contos, música e maxia enmarcadas no ciclo Mulleres de Conto. E senón que llos digan aos alumnos e alumnas de 5º curso de primaria do CEIP Fogar, que o vindeiro mércores 25 porán en escena a súa particular Revolución en verso, un recital co que pretenden fomentar a curiosidade e o amor polos libros entre os máis cativos/as ao tempo que amosan a súa paixón pola poesía.
Participación: Público Familiar
Entrada: Libre e de balde ata completar aforo
Organiza: Concellería de Cultura
XIII Semana do Libro e da Lectura