A XIII Semana do Libro e da Lectura remata "Tirando do fío"
Venres 27 de abril do 2018 Ás 18:00 horas - Pazo da Cultura
O ciclo de actividades programadas pola Concellería de Cultura, en colaboración coa Asociación de Pedagogía Galega (as.pg) e a Fundación Luis Calvo Sanz, "Mulleres de Conto" chegará ao seu fin o venres 27 Tirando do Fío.
O espectáculo, a cargo de Fátima Villamel, é un convite a tirar dos fíos das historias. Algunhas delas levan no mundo centos de anos e outras un pouco menos. Algunhas viaxan de boca a orella e outras habitan nos libros das bibliotecas. Se queres descubrilas todas deberás tirar do fío. Anímaste?
Participación: Público familiar
Entrada: Libre e de balde ata completar aforo
Organiza: Concellería de Cultura
XIII Semana do Libro e da Lectura