Obradoiro infantil dedicado a María Victoria Moreno
Martes 15 de maio do 2018 18:00 horas - Biblioteca Rego da Balsa
Achégase o Día das Letras Galegas e o Concello de Carballo quere celebralo cos/as máis pequenos/as da casa. Enrique Mauricio Iglesias e Carlos Taboada ou, o que é o mesmo, Polo Correo do Vento, serán os encargados de realizar un divertidísimo obradoiro creativo, dirixido a nenos/as a partir de 3 anos, dedicado á homenaxeada coas Letras Galegas 2018.
"María Victoria Moreno, unha historia de amor", ofrecerá a posibilidade de achegarse á vida e obra desta escritora de literatura infantil e xuvenil en lingua galega, falecida en 2005.
Reserva xa a túa praza chamando ao 981 758 580 ou en biblioteca@carballo.gal.
Participación: Nenos e nenas a partir de 3 anos
Entrada: Libre e de balde. Inscrición previa
Organiza: Concellería de Cultura