Baile para maiores co Dúo Sintonía
Domingo 13 de maio do 2018 Ás 18:00 horas - Pazo da Cultura
O domingo 13, a música en directo e o baile volven ao Pazo da Cultura ao ritmo do Dúo Sintonía para facernos desfrutar dunha tarde de ocio e diversión en moi boa compañía.
Esta actividade forma parte do programa que desenvolve a Concellería da Terceira Idade, de maneira ininterrumpida ao longo de todo o ano, co obxectivo de incrementar a oferta lúdica para os nosos maiores e ofrecer unha alternativa amena e moi saudable para o seu tempo de lecer.
Organiza: Concellaría da Terceira Idade