Inicio Áreas Cultura Axenda En galego, en construción:...

En galego, en construción: piching dos proxectos finalistas para o premio Proxecto de webserie en galego

Xoves 5 de maio do 2016 Pazo da Cultura - 20.00 h.

Carballo InterPlay 2016

O Pazo da Cultura acolle a partir das 20.00 horas "En galego, en construción". As webseries finalistas da convocatoria para o Premio a proxecto de webserie en galego, dotado con 1.500 euros, defenderán os seus proxectos diante dun xurado composto por Xosé Regueira (Concello de Carballo), Nel Vidal (CTNL), Sonia Méndez (Carballo Interplay), Teresa Segura (Different Entertainment, productora de webseries como Malviviendo). Farano diante, no só do xurado, senón tamén diante de todo o público que queira achegarse ao Pazo da Cultura.

Os finalistas son:

  • Dowson e Pillei de Victor Grande.
  • A Espiral de Fibonacci de Alejandra Piot, Paula Andrade e Iria Rodríguez.
  • Lucas de Oscar Pardo.
  • Peter Brandon de Porco Bravú.

+info no web do festival: <www.carballointerplay.com>.

Compartir: