Regresan as Noites de Cine ao xardín con "Vaiana"
Mércores 11 de xullo do 2018 22:30 horas - Xardín Municipal
O ciclo Noites de cine chega esta semana ao Xardín Municipal da man de Vaiana, unha película de animación infantil, apta para todos os públicos, que fará as delicias de maiores e pequenos.
Sinopse: A historia transcorre hai dous milenios nunhas illas do sur do Pacífico. A protagonista é Vaiana Waialiki, unha moza que desexa explorar o mundo navegando polo océano. Ela é a única filla dun importante capitán pertencente a unha familia con varias xeracións de mariños.
Participación: Todos os públicos
Duración: 107'
Organiza: Concellería de Cultura
Colabora: Deputación da Coruña