Volve o Teatro de rúa con Cair Circo
Sábado 6 de outubro do 2018 20:00 - Praza do Concello
Se a pasada fin de semana o pasaches en grande coa familia vendo a La Trócola Cir, prepárate para unha nova sesión de humor, malabares, acrobacias e moitas sorpresas máis coa compañía Cair Circo (Pais Vasco e Galicia), catro artistas con catro obxectivos: técnica, virtuosismo, investigación e humor.
Erori é un espectáculo de circo e clown con acrobacias e coreografías excéntricas, continuos golpes e caídas caóticas que contrastan cos números de danza e malabares. A emoción e o riesgo súmanse ao humor para dar vida ás máis aloucadas rutinas circenses nas que sempre están presentes as situacións máis absurdas, sinxelas e universais. E todo
Sinopse: Catro personaxes aparecen en escena, non falan, están á espera, sorpréndense ao verse pero coñécense de toda la vida. usan o humor para ridiculizarse, danzan con pisotóns e perséguense arriscando as súas vidas por un maletín, sen coñecer o seu contido. Unha oportunidade única para rir e desfrutar en familia dunha nova sesión de Teatro de rúa.
Intérpretes: Alejandro Costas, Ariñe Azkue, Santiago Montero e Óscar Páez Música orixinal: Pablo Prego Iluminación: Xacobo Castro Escenografía: José Perozo Dirección: Natalia Outeiro
Público: Todos os públicos
Entrada: De balde
Duración: 50 min.
En caso de choiva, a actuación trasladarase ao 2 andar do Mercado Municipal.
Programación FIOT 18