O filme galego "Nove de novembro" achegará a realidade do colectivo LGTBI
Venres 9 de novembro do 2018 19:00 horas - Biblioteca Rego da Balsa
No fondo dunha relación residen sentimentos ocultos forxados por un pasado común. Segredos e rancores que o resto do mundo non ve, separados por un muro que parece infranqueable. O muro que separa a Roberto e Miguel non será o único que caerá nesta fría noite de novembro.
Este drama, dirixido e escrito por Lázaro Louzao ("Os seres sombríos"), é a primeira película que visibiliza a realidade do colectivo LGTBI, rodada en Galicia e integramente en galego.
Os actores Ademar Silvoso ("Lobos de Arga"), Brais Yanek ("Escoba!") e Sabela Arán ("Códice") encabezan o elenco de actores e actrices que participan neste filme, titulado Nove de novembro, e financiado grazas a unha campaña de crowdfunding na que se logrou recadar 10.000 €.
Queres un consello? Non volo perdades!
Público: Maiores de 16 anos
Entrada: Libre e de balde ata completar aforo
Organiza: Concellería de Cultura