Música polifónica para honrar a Santa Cecilia
Sábado 24 de novembro do 2018 20:00 horas - Auditorio Pazo da Cultura
Novembro con Música achéganos, un ano máis, a celebración do tradicional concerto de Santa Cecilia, organizado pola Coral Polifónica de Bergantiños en colaboración co Concello de Carballo e a Deputación da Coruña, para homenaxear á patroa de todos os músicos. Este ano, acompañarán á anfitrioa sobre o escenario a Coral Polifónica Ferrolana, a Coral Polifónica Lembranzas de Santa Cruz e o Coro de Voces Brancas de Carballo.
Como de costume, a entrada ao festival será de balde para que todas as persoas que o desexen poidan desfrutar coas actuacións de catro agrupacións polifónicas máis destacadas da provincia.
Público: Todos os públicos
Entrada: Libre e de balde ata completar aforo
Organiza: Coral Polifónica de Bergantiños
Colabora: Concello de Carballo e Deputación da Coruña