Historias de Inverno con Senda Nova
Venres 21 de decembro do 2018 21:00 horas - Espazo da Natureza de Oza
Volven a Carballo as Historias de Inverno da asociación ambiental Senda Nova, unha iniciativa de recompilación e preservación da cultura popular, a través da tradición oral, que nesta edición percorrerá cinco parroquias de cinco concellos diferentes e máis de 30 faladoiros noutros tantos lugares do rural da Costa da Morte.
Esta semana, todas as persoas que o desexen poderán achegarse ata o Espazo da Natureza de Oza para participar nun encontro interxeracional escoitando os contos, historias e memorias do poeta e recompilador oral Celso Fernández Sanmartín, máis coñecido como Celsiño, que sorprenderá aos asistentes co seu traballo Contar.
Público: Todos os Públicos
Entrada: 3€ (axuda) / Aforo limitado
Organiza: Asociación ambiental Senda Nova