Nacementos viventes en Sísamo, Carballo e Ardaña
Martes 25 de decembro do 2018 Pola mañá - Igrexas parroquiais
O 25 de decembro sucederanse as actividades con máis carga relixiosa do Nadal Cutural. A primeira delas terá lugar ás 10:45 horas na igrexa parroquial de Sísamo coa tradicional escenificación do belén e o recital de panxoliñas, organizado pola Asociación Cultural O Candil, que volverá a repertirse o domingo 6 de xaneiro.
Un pouco máis tarde, ás 12:30 horas, o Centro Social San Xoán Bautista encargarase da representación do nacemento en vivo na igrexa parroquial de Carballo, que tamén repertirá o Día de Reis.
Pola súa banda, a Asociación de Veciños Santa María de Ardaña realizará ás 13 horas, tamén na igrexa, a representación do nacemento que cada ano logra reunir a un nutrido número de fieis.