Teatro do Atántico encherá de tenrura os Venres Culturais con "Dúas donas que bailan"
Venres 22 de febreiro do 2019 21:00 horas - Pazo da Cultura
Teatro do Atlántico é unha das compañías galegas máis sólidas do panorama actual, galardoada recentemente co Premio da Crítica de Galicia, que tamén estará presente nos nosos Venres Culturais para presentarnos a obra "Dúas donas que bailan", un auténtico agasallo teatral, adobiado de humor malvado, que nos permitirá compartir os soños e os fracasos de dúas mulleres fortes que se enfrontan ao alzhéimer, á soidade, ao desencontro xeracional e a outros asuntos que impón a sociedade contemporánea. Preparádevos para contaxiarvos da tenrura e a melancolía desta gran obra.
Sinopse: Unha muller maior, que soña cunha viaxe a París, resístese a abandonar o piso no que habita pero os fillos e o dono da vivenda teñen outros plans. Outra muller chegará para facer as labores da casa e cada xornada convértese nun inquietante e cómico “toma e daca”.
Intérpretes: María Barcala e María Ángeles Iglesias / Espazo escénico: Antonio F . Simón / Espazo sonoro: Brais Morán / Tradución e axud. dirección: Aleixandre Lago / Dirección e dramaturxia: Xúlio Lago / Autor: J.M ª Benet i Jornet.
Público: Adulto
Entrada: 4 € / 3 €
Duración: 1 hora e 15 minutos
Organiza: Concellaría de Cultura
Rede Galega de Teatros e Auditorios