Visita guiada á exposición fotográfica "Miradas de marfil", de Marcos Rodríguez
Mércores 13 de marzo do 2019 16.30 horas - Pazo da Cultura
Ata o 13 de marzo pode visitarse no andar -1 do Pazo da Cultura a mostra Miradas de Marfil, do fotógrafo carballés Marcos Rodríguez, organizada polo Concello de Carballo e a Asociación de Cooperación Exterior Égueire.
Xosé Manuel Pensado, comisario da mostra e secretario da asociación Égueire, que acompañou a Marcos na súa viaxe a Costa de Marfil, realizará unha visita guiada aberta ao público, previa inscrición, o mércores 13 de marzo ás 16.30 h.
Todas as persoas interesadas en coñecer o trasfondo das fotografías, as historias que hai detrás de cada unha das instantáneas, poderán facelo da man dun dos impulsores dos proxectos de cooperación que esta asociación realiza en Costa de Marfil inscribíndose a través de:
- Correo electrónico culturacarballo@carballo.gal indicando, nome e teléfono.
- Conserxería do Pazo da Cultura de 16.30 a 20.30 h.